Aviso Legal

Aviso Legal

A nivel de legalidade a nosa moeda non contempla ningunha dificultade extra. A tódos os efectos débese tratar coma se fosen euros. Se unha persoa paga con Sabias nun comercio este debe facturar como se de euros se tratase. E no caso de convertir euros por Sabias ou ao revés non hai ningún requerimento a menos que a cantidade exceda a improbable cuantía de mil euros. Nese caso excepcional débense tomar os datos da persoa e a Sabia os porá a disposición da autoridade pertinente.

As usuarias son as responsables de dar o servizo ou producto ofrecido con garantías de éxito. A Sabia só serve como forma de contacto e contabilidade entre as usuarias e como posible mediadora de conflictos, pero nunca como responsable pola calidade do servizo ou producto ofrecido.

A responsabilidade nos intercambios que se realizan é únicamente das persoas implicadas no mesmo.

A usuaria comprométese a aceptar a mediación da Sabia nos conflictos que poidan xurdir e que non puidesen ser solucionados directamente coa outra usuaria. Neste caso, a Sabia analizará o conflicto, e recomendará unha solución, sendo esta final sen posibilidade de recurso.

O contido da información dos socios inscritos na moeda é confidencial e non está permitida a súa difusión para fins alleos ao mesmo.

As actividades ou prestacións que se realicen entre as partes están enmarcadas dentro dos traballos realizados a título de amizade, benevolencia ou boa vecindade, excluindo calquer tipo de relación laboral entre elas.

A usuaria comprométese a aceptar as normas da Sabia e a que o seu non cumprimento pode levar acarreado unha suspensión ou expulsión do sistema.

DEREITOS DAS USUARIAS
Todas as usuarias da Sabia teñen dereito a:
•    Ser tratado con dignidade, cuidado e respeto.
•    Recibir o pago acordado polos seus servizos.
•    Poder gastar a súa moeda en servizos ofrecidos por outras usuarias.
•    Poder doar a súa moeda a outras usuarias ou organizacións.
•    Manter a privacidade e confidencialidade que desexe.
•    Ser valorado.
•    Ser tratado xustamente.

DEBERES DAS USUARIAS
Toda as usuarias teñen o deber de:
•    Respetar a privacidade e confidencialidade de outras usuarias.
•    Manter as citas que faga con outras usuarias.
•    Escoitar os consellos e instruccións das outras.
•    Divertirse e compartir as experiencias.